SOBRE A
CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE TRABALLADORAS/ES
SOCIAIS, AUXILIARES ADMINISTRATIVOS E TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL.-
Aproveitando a fin de semana da Festa do Polbo, o grupo de goberno do Concello
do Carballiño sacou as bases para a
contratación de diverso persoal laboral temporal sen pasar por ninguna
comisión informativa nin pleno.
Dende Alternativa Veciñal O Carballiño consideramos que dada a situación económica
precaria do concello e a escaseza de postos de traballo, este tipo de
contratacións deben estudarse en órganos de participación ca oposición. Non se
fixo neste caso e polo tanto descoñecemos a necesidade de efectuar esas
contratacións, principalmente a dun técnico de orientación laboral cando hai
no concello dúas personas contratadas no seu momento para esta finalidade.
Alternativa Veciñal defende a xestión directa do concello e polo
tanto a contratación de persoal propio, mais sempre garantindo
escrupulosamente a transparencia de todo o proceso unha vez constatada a
necesidade. É por isto que pedimos ao Sr. Alcalde que convoque con urxencia unha
xunta de portavoces e nos explique
os pormenores que aquí plantexamos.
Asdo. Bernardo García, Portavoz de
Alternativa Veciñal do Carballiño.
14 de
Agosto de 2015
