Este ano, o 24 de maio consolidouse un cambio político. Ante esta crise de Réxime, a cidadanía organizouse e logrou chegar ás esferas políticas para decidir, por si mesma, o seu propio futuro. Esta transformación da xente en suxeitos políticamente activos permitiu que se acadaran nalgúns municipios a alcaldía, como é o caso da capital galega ou a cidade herculina, incluso que no noso concello contemos cun representante que é o eco da opinión popular.
Podemos dicir que a día de hoxe, un pouco de marea asolagou aos concellos, pero non chegou para rematar aí, nun localismo; senón para inundar a todo un país, Galicia, e ó resto do Estado. Este movemento da e para a xente precipitou na forma de En Marea.
En Marea comparte as mesmas coordenadas ideolóxicas que Alternativa Veciñal do Carballiño, estas son: pluralidade, participación, igualdade, honestidade, vangarda... Por iso nós, a candidatura dos cidadáns carballiñeses, temos que ser, ao igual que as persoas que conforman a nosa base, un axente activo en non ser un mero espectador ante este novo cambio político.
Non se pode manter unha postura indiferente na política, temos que actuar e este é o momento da unidade para rematar co período escuro que estamos a vivir.
Por iso o 20D xunt@s somos En Marea!!!!
![]() |
| Pincha na foto para ver as candidaturas |

