mércores, 22 de abril de 2015

ANGROIS NO ESQUECEMENTO

ANGROIS NO ESQUECEMENTO


     ALTERNATIVA VECIÑAL O CARBALLIÑO  en colaboración coa productora Colectivo Audivisual Lentes Diverxentes organiza para o próximo xoves día 23 de abril a proxección do documental ANGROIS NO ESQUECEMENTO ás 20.30 no Auditorio Multifuncional do Carballiño. Este documental acaba de recibir a pasada fin de semana o Premio Mestre Mateo 2015. Haberá un debate despois da proxección no que participarán os autores e persoal do Sindicato de Ferroviarios.
      Neste momento de efervescencia preelectoral onde algúns partidos pretenden anestesiarnos para que esquezamos o que fan todo o ano, Alternativa Veciñal O Carballiño quere abrir un debate que tanto o PP coma o PSOE se empeñaron en pechar en falso dende o primeiro momento do accidente.
     Botáronlle a culpa exclusivamente ao maquinista, negáronse á creación de comisión de investigación tanto no Congreso dos Deputados coma no Parlamento Galego, presionaron ás familias das vítimas e aos feridos para que non falasen, botáronlle ós antidisturbios na Cidade da Cultura por negarse a recoller un premio da Xunta… Non contentos con iso ascenderon aos responsables: José Blanco, Ministro de Fomento pasou a eurodeputado; Rafael Catalá, secretario de Infraestructuras cando foi o acidente, agora é Ministro; Julio Gómez-Pomar presidente de Renfe é agora Secretario de Infraestructuras.
     Non podemos alegar que o de Angrois non ten nada que ver coas elecións municipais. Algúns dos partidos que se presentan no Carballiño levan as siglas dos que se mofan da cidadanía no caso concreto do gravísimo e evitable acidente de Angrois.
      Cadaquén coa súa responsabilidade, pero ollo, as caras amables poden estar amparando responsabilidades graves por moito que a xustiza non as chegue a condenar pola ocultación sistemática de probas levada a cabo por poderes fácticos poderosos. Non se tomaron medidas e un novo Angrois podería ocorrer. Falta poñerlle nome ás vítimas.

                      ALTERNATIVA VECIÑAL DO CARBALLIÑO,  22 de abril de 2015



«MODELO DOS ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL- FORMA DE GOBERNO»


MODELO DE CONSELLO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁN:


  • Consello de Participación: Organismo institucional superior de participación veciñal.
  • Composición: todos/as os/as representantes das asociacións rexistradas no concello.
  • Presidencia: o Alcalde/sa do Carballiño.
  • Vicepresidencia: unha persoa nomeada pola asamblea sen cargo político público.
  • Funcións: Consensuar ou aprobar todos os asuntos relevantes que se levarán a pleno. Moi especialmente, será o organismo onde se consensúen e aproben os orzamentos e a súa distribución.
  • Reunións: Reuniráse en convocatoria ordinaria semestralmente e en extraordinaria coa petición do 20% das asociacións integrantes.



ORGANIGRAMA DO CONSELLO DE  PARTICIPACIÓN CIDADÁN:
  1. Consello de Sáude, Servizos Sociais e Igualdade.
  2. Comisión de Medio Ambiente.
  3. Comisión de Urbanismo.
  4. Comisión de Planificación Económica e de Emprego.
  5. Comisión de Cultura.
  6. Padroado Municipal de Deportes.
  7. Consello da Mocidade de Orcellón (COMOR)
  8. Xunta de Seguridade Cidadán.



ÓRGANOS SECTORIAIS DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN:

1.- CONSELLO DE SAÚDE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE.

  • Composición: Representación do personal sanitario e de servizos sociais con actividade no Carballiño e dos usuarios e usuarias/os que o desexen a título individual. A participación pode efectuarse tamén a través de asociacións.
  • Presidencia: o/a concellal/a responsable municipal destas áreas.
  • Vicepresidencia: unha persoa nomeada pola asamblea e que non teña cargo político público.
  • Funcións: Todas as relativas a levar á práctica os puntos programáticos de Alternativa Veciñal e moi especialmente as relacionadas co mantemento e melloras das infraestructuras e personal. Dar solución ás demandas que se presenten polos usuarios/as de ambos servizos a través do Rexistro de Reclamacións do consello extraordinario coa petición do 20% das persoas que participaron na anterior reunión.

2.- COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE.

  • Composición: Todas as agrupacións de carácter ecoloxista con actividade no concello, protectoras de animais e todas as persoas sensibles coa sostibilidade do medio ambiente e consumo responsable.
  • Presidencia: Concellal/a de Medio Ambiente. 
  • Vicepresidencia: a persoa elexida pola Comisión, que non desempeñe un cargo político público.
  • Funcións: Todas as relativas a posta en práctica dun programa municipal medioambiental que promovan iniciativas sobre aforro enerxético, prácticas agrícolas saudables, gandeiría que fomente a cría ecolóxica, natural e sen sufrimento animal, por unha silvicultura racional e sostíbel, aposte por métodos de tratamento do lixo baseado nas tres erres, abolición de herbicidas e pesticidas nos tratamentos forestais ou agrícolas, crear espazos de custodia de animais abandoados...
  • Reunións: trimestrais en convocatoria ordinaria e cando o pida o 20% dos asistentes a anterior reunión en convocatoria extraordinaria.


3.- COMISIÓN DE URBANISMO:
  • Composición: Concellal/a de Obras, empresariado da construcción e asociación veciñais ou particulares interesados.
  • Presidencia: Concellal/a de Obras.
  • Vicepresidencia: persoa nomeada pola comisión que non sexa cargo público.
  • Obxectivos: os sinalados no programa no apartado de urbanismo e, moi especialmente, velar polo desenrolo dun urbanismo sostíbel, promover unha remodelación do PXOM conforme á legalidade e consensuada cos afectados, mellorar as redes de transporte municipal e interurbano, recuperar os espazos degradados e incentivar melloras estéticas.


4.- COMISIÓN DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E DE EMPREGO
   O desemprego é o principal problema que ten hoxe o Concello do Carballiño. Este factor repercute negativamente en todos os ámbitos da vida municipal, tanto a nivel social como económico. Por eso esta comisión debe abrirse á participación non só das personas paradas ou precarizadas, senón tamen do sectoral empresarial e sindical, comerciantes e hosteleiros.
  • Presidencia: concellal/a que nomea a corporación.
  • Vicepresidencia: persoa elexida pola comisión que non teña cargo político público.
  • Funcións:
  1. Elaborar un Plan Industrial Municipal.
  2. Crear a Asamblea Municipal de Parados e Precarizados.
  3. Posta en funcionamento do Padroado de Turismo.
  4. Crear a Comisión de Festas Patronais e Gastronómicas.
  • Obxectivos: O obxectivo último é reducir os índices de paro e precariedade. Mentres, garantir unha renda básica as persoas nesta situación.
  • Reunións: trimestrais en convocatoria ordinaria e a petición do 20% dos asistentes á anterior reunión en convocatoria extraordinaria.


5.- COMISIÓN DE CULTURA
  • Presidencia: Concellal/a de Cultura.
  • Vicepresidencia: persoa elexida pola comisión que non sexa cargo político público.
  • Funcións: programar e garantir o funcionamento de todas as actividades culturais que se organicen no concello.
  • Reunións: Trimestral en convocatoria ordinaria e co 20% de petición dos asistentes a anterior reunión, en convocatoria extraordinaria.


6.- PADROADO MUNICIPAL DE DEPORTES
  • Composición: Usuarios/as de Escolas Deportivas ou de actividades de manteñemento organizadas polo concello ou que usen as súas instalación.
  • Presidencia: Concellal/a de Deporte.
  • Vicepresidencia: persoa elexida polo Padroado que non sexa cargo político público.
  • Funcións: garantir os medios materiais e humanos precisos para o correcto desenvolvemento das actividades programadas por esa área.


 7.- CONSELLO DA MOCIDADE DO ORCELLÓN (COMOR)
   A mocidade, polas súas características e idiosincrasia propia, debe contar con un organismo de participación veciñal propio que permita a interrelación entre iguais e abra espazos onde desenrolar as súas actividades.
  • Composición: Grupos ou asociación xuveniles organizadas de xeito estable, mozos e mozas, en xeral, que desexen facer propostas de actividades dentro do Consello da Mocidade.
  • Presidencia: Concellal/a nomeado pola corporación.
  • Vicepresidencia: persoa que nomee o Consello, que non sexa cargo político público.
  • Funcións: 
  1. Facer propostas de actividades destinadas a este colectivo.
  2. Acadar a posta en funcionamento dun espazo autoxestionado chamado “Casa do Pobo“, ou como se decida, que sirva de referente como punto de encontro e de elaboración de iniciativas.
  3. Crear a Bolsa de Traballo Xuvenil, que procure saídas laboráis e, mentras estas non cheguen, organicen actos reivindicativos e esixa unha renda básica universal.
  4. Crear unha Mesa pola Vivenda Municipal que busque solución para que os xóvenes que queren emanciparse poidan dispor dunha vivenda.
  5. Organizar palestras informativas sobre saúde sexual e reprodutiva.


8.- XUNTA DE SEGURIDADE CIDADÁN:
  • Composición: Representantes de todos os órganos de participación cidadán, policía local, garda civil, protección civil e bombeiros.
  • Presidencia: Alcalde/sa ou unha persoa na que delegue.
  • Vicepresidencia: persoa elexida polo Consello de Participación Cidadán que non sexa cargo político público ou traballe profesionalmente para a administración nalgún dos corpos relacionados coa seguridade.
  • Funcións: Elaborar un Plan de Seguridade nas diversas facetas da mesma (roubos, violencia, accidentes, incendios, cumprimento das ordenanzas municipais, control de identificación de animais, atención ao cidadán, etc.)
  • Reunións: Semestral en convocatoria ordinaria ou en convocatoria extraordinaria ca petición do 20% dos asistentes á anterior reunión.




PUNTOS PROGRAMÁTICOS


XUSTIZA SOCIAL. VIDA DIGNA


    Precisamos que a institución municipal retorne á cidadanía. A Casa do Concello é a Casa do Pobo, sendo a obriga e a tendencia contribuír a crear unha sociedade inclusiva, xusta, democrática e respectuosa cos Dereitos Humanos.

Tres principios básicos:
  1. Asumir os servizos básicos esenciais para a comunidade.
  2. Municipalizar servizos básicos neste intre privatizados.
  3. Socializar os recursos dispoñibles de forma transparente e responsable.

Estes tres principios concretaránse a través das seguintes medidas:
  • Aumento das partidas orzamentarias e recursos humanos destinados a gasto social.
  • Participación da veciñanza na xestión de todos os servizos municipais.
  • Transporte público, auga, luz e gas gratuítos para as persoas con recursos limitados. 
  • Municipalización de todos os centros de servizos en mans privadas e os servizos de comedor, limpeza, etc.
  • Comedores escolares: garantir unha alimentación de calidade priorizando produtos locais.
  • Avellentamento digno: reforzamento dos servizos de proximidade (axuda no fogar, xantar na casa, teleasistencia). Garantir o mínimo para que as persoas coas pensións máis baixas poidan vivir dignamente.
  • Vivenda social en aluguer.
  • Políticas de igualdade: campañas de sensibilización, abrir casas de acollida.
  • Inmigrantes: Servizo de asesoramento xurídico, campañas antirracismo, integración no tecido asociativo. Fomento do voluntariado lingüístico para facilitarlle a aprendizaxe da nosa lingua e integración.

O DEREITO Á SAÚDE

     A sanidade é un dereito fundamental para a cidadanía e aínda que o concello ten competencias limitadas nesta materia, ten a obriga de asegurar a suficiencia de recursos humanos, de infraestructuras e servizos. Dende o Concello promoveráse a recuperación do Consello de Saúde para as seguintes finalidades:
  • Consolidar a participación e control democrático nos órganos de xestión de todas as institucións sanitarias.
  • Demandar que as instalacións sanitarias sexan suficientes, estén en bo estado e conten coa ratio necesaria de persoal, incluído o persoal de atención pediátrica e de saúde mental.
  • Coordinación de servizos sociais e antención primaria de saúde.
  • Apoio e colaboración coas asociacións de enfermos, discapacitados e familiares (A. de Enfermos de Alzheimer, ASPADISI...)
  • Promover programas de prevención de saúde (hábitos saudables, mellorar da saúde buco-dental, redución do uso de produtos tóxicos...)


IGUALDADE DE XÉNERO

O Concello fixará a atención prioritariamente nestes puntos:
  • Perspectiva de xénero en tódalas accións institucionais.
  • Emprego dunha linguaxe integradora.
  • Fornecer relacion de igualdade no desenvolvemento das atribucións da corporación.
  • Substituír nos Servizos Sociais municipais o modelo de beneficencia por outro baseado na renda básica.
  • Elaborar un plan contra a violencia machista.


CONSTRUAMOS UN CONCELLO SUSTENTABLE ONDE O COIDADO E O MANTEMENTO DA VIDA SEXA O IMPORTANTE


ENERXÍA

 Crearáse a Comisión de Medio Ambiente para acadar os seguintes obxectivos:
  • Soberanía enerxética. Un concello enerxéticamente autosuficiente.
  • Promoción da enerxía minieólica, fotovoltaica e de biomasa para o autoconsumo.
  • Alumeado público racional (farolas solares máis baixas, alumeado de festas...)
  • Sistemas de calefacción eficientes e baseados na enerxía renovable.
  • Obradoiros de formación sobre sistemas autosuficientes (quentador con botellas, fornos solares, cociñas e estufas de biomasa de pouca xeración de CO2).
  • Fomentar cooperativas de enerxía.
  • Promover un sistema de tratamento do lixo alternativo a SOGAMA baseado nas tres erres (Reducción, Reutilización e Reciclaxe) mediante un sistema máis efectivo de recollida como o porta a porta.
  • Revisión/sutitución de contratos coas grandes empresas enerxéticas, por contratos con distribuidoras alternativas (SomEnerxía, NosaEnerxía...)


PROXECTOS INDUSTRIAIS CREADORES DE EMPREGO

INDUSTRIA

Crearáse a Comisión de Planificación Económica cos seguintes obxectivos:
  • Elaboración dun Plan Industrial Municipal adaptado ás potencialidades do Carballiño.
  • Apoio ás industrias de produción sostible e productos duradeiros.
  • Control e, no seu caso, acións legais contra as industrias contaminantes e perigosas.
  • Apoio á industria de transformación de materias primas vinculadas ó territorio.
  • Recuperación dos “polígonos industriais fantasma”.
  • Fomento da reparación fronte á obsolescencia programada.
  • Iniciativas para uso de materiais non contaminantes.
  • Mellora estética dos polígonos, zonas verdes.
  • Xestión das naves abandonadas, municipalización, usufruto…
  • Potenciar a artesanía.


SOBERANÍA ALIMENTARIA E CUSTODIA DO TERRITORIO

AGRICULTURA
  • O sector agrícola debe permitirnos ter soberanía ou autosuficiencia alimentaria.
  • Recuperación dos campos de cultivo mediante aluguer, usufruto, compra…
  • Potenciar o desenvolvemento da agricultura ecolóxica.
  • Enfocar as feiras tradicionais como centros de articulación do comercio local.
  • Potenciación da Praza de Abastos e dos mercados municipais.
  • Articular mercados comarcais de excedentes agrícolas.
  • Constituirse en concello libre de transxénicos.
  • Crear hortas urbanas e incentivar o cooperativismo.
  • Recuperar os terreos agrícolas comunais.
  • Exposición pública do patrimonio inmobiliario de terras do concello.
  • Potenciar a vida no rural (aluguer, usufruto, restauracións) e dotación e mantemento das infraestructuras básicas.
GANDEIRÍA
  • Fomentar a cría ecolóxica, natural e sen sufrimento animal. 
  • Minimizar a estabulación. 
  • Sacrificio digno e transporte seguro e sen sufrimento. 
  • Elaborar un mapa das granxas do concello e calendario de contactos. 
  • Preparación dun calendario de actividades divulgativas. 
  • Incentivar a transformación de materias primas (lácteos, doces, embutidos…) e a súa distribución en mercados de proximidade (Praza de Abastos, mercados de rúa…). 
  • Posta en funcionamento do Matadoiro Municipal adaptado aos requisitos legais de funcionamento e xestionado polos traballadores e usuarios.
SILVICULTURA
  • Unha verdadeira política forestal municipal: aproveitamento económico do monte (arborado, pastos…) sustentable e recoñecer os dereitos dos montes comunais. 
  • Diversificar o cultivo de especies escapando do monocultivo. 
  • Recuperación do bosque de xeito harmónico e diverso en variedades. 
  • Creación dunha Unidade de Xestión do Parque Municipal con persoal propio. 
  • Explotación integral creando “bosques comestibles”: froitais, cogumelos, froitos secos… 
  • Explotación da biomasa: pelets, madeira… 
  • Recuperación dos montes comunais. 
  • Actividades que incentiven o mantemento do bosque autóctono (sendeirismo, arte, etc.) 
  • Creación de Unidades Municipais para a Xestión do Monte e Parques.

ORDEAMENTO DO TERRITORIO

URBANISMO
 A Comisión de Urbanismo, con participación veciñal, terá as seguintes finalidades:
  • Construir o modelo urbanístico coa participación dos cidadáns. 
  • Remodelación do PXOM mediante un proceso informativo e de consenso amplo. 
  • Garantir unha vivenda digna (Art. 47 da CE). Dinamizar o aluguer, compra e mellora da vivenda unifamiliar. Priorizar a recuperación dos núcleos históricos e núcleos rurais. É obrigado a creación de solo urbano para vivenda protexida. 
  • Plan de transporte municipal con conexións entre as parroquias, os concellos da comarca e Ourense. 
  • Apoiar a rehabilitación fronte á nova construción. Proxectos básicos gratuítos. 
  • Apoiar a bioconstrución ou construción sostible. 
  • Calendario de obras previstas de dominio público con orzamentos, etc. 
  • Xestión de vivendas e baixos abandonados ou deshabitados: aluguer, usufruto… 
  • Elaborar plans de mellora estética. 
  • Mellorar a mobilidade eliminando barreiras (beirarúas elevadas, farolas…) 
  • Racionalización do tráfico: peatonalización, zonas 20, pasos de peóns amplos... 
  • Creación de espazos para a publicidade comercial e informativa da actividade social. 
  • Tratamento do lixo baseado na redución, reutilización, reciclaxe e compostaxe a través do sistema porta a porta. Cooperación comarcal para a xestión descentralizada. 
  • Fomentar o comercio local a través de actuacións no entramado urbano. 
  • Rede wifi municipal que garanta o acceso á internet. 
  • Recuperación de entornos urbanos degradados.

SERVIZOS PÚBLICOS

Queremos no noso concello:
  • Servizos sociais baseados na idea da renda básica, non na de beneficencia. 
  • Creación de redes de apoio e infraestruturas públicas (comedores, escolas infantís, acompañamento, atención á dependencia…) que socialicen os coidados, favorezan a conciliación familiar e laboral e compensen as desigualdades. 
  • Plan municipal para a participación da minorías étnicas. 
  • Plan municipal de loita contra a violencia machista. 
  • Rede municipal de pisos de emerxencia. 
  • Plan municipal de atención a transeúntes "sen teito". 
  • Actividades para xubilados que queiran seguir en activo. 
  • Espazos para actividades con xente maior con enfermidades crónicas ou que precisan terapias alternativas (Centros de Día) 
  • Mellora de infraestructuras, estética e ambiental dos centros de saúde, deportivos e educativos. 

UN NOVO TRATO DOS ANIMAIS

Queremos no noso concello:
  • Declaración institucional que considere aos animais como suxeitos de dereitos. 
  • Prohibición de espectáculos nos que se empreguen animais (circos, touradas ) 
  • Persecución dos abandonos e prácticas crueis. 
  • Crear zonas de convivencia canina e humana. 
  • Apoiar dende o concello a Fundación Refuxio da Medela transferindo a súa xestión a unha protectora animal e establecendo contratos de colaboración cos concellos da comarca. 
  • Involucrar á Policía Local e SEPRONA en campañas de control de microchips dos animais de compaña en cumprimento das leises e ordenanzas pertinentes. Censo de todos os animais. 
  • Promover campañas informativas a nivel centros educativos e sociedade en xeral sobre coidados e dereitos dos animais.

ECONOMÍA SOCIAL, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

Unha nova mentalidade para saír da crisis:
  • Pola vía de externalizar (privatizar) servizos non acadaremos o obxectivo de artellar unha riqueza local que nos permita solucionar o gravísimo problema do paro e da dignidade laboral. 
  • Dende o concello promoveremos un modelo social fronte ao tecido económico tradicional a través da pedagoxía e do fomento do común. 
  • O investimento municipal priorizará a loita contra a exclusión económica e social. 
  • O concello comprometeráse na defensa do pequeno comercio e da pequena empresa e fomentará o cooperativismo e asociacionismo como mellor fórmula para competir coas grandes áreas. 
  • Impulsar medidas favorecedoras de iniciativas de emprego facilitando recursos ou rebaixas impositivas iniciais. 
  • Comercio local e de proximidade. Inversións na Praza de Abastos e no comercio retallista para comercializar productos da comarca e de Galicia. Priorizar a venda directa de agricultores/as locais. 
  • Banco de terra municipal e fomento das cooperativas locais. 
  • Posta en valor do “feito a man” e recuperación do traballo tradicional. 
  • Aposta polo turismo sustentábel e respectuoso co medioambiente, co territorio e a poboación. 
  • Novo procedemento de contratación administrativa, onde se introduzan cláusulas ás empresas de estabilidade e calidade laboral. Non á reforma local do PP. 
  • Auditoria da débeda. Non recoñecemento da ilexítima. 
  • Banca cooperativa local. 
  • Participación veciñal na planificación económica. 
  • Fiscalidade revertida no local. Revisión de porcentaxes. 
  • Creación dunha rede de segunda man de bens. Creación de rede solidaria para o intercambio de bens e servizos.

PUNTOS PROGRAMÁTICOS SOBRE A LINGUA

  • Elaborar e poñer en funcionamento un PLAN DE NORMALIZACIÓN adecuado ás necesidades do concello potenciando o servizo de normalización existente. 
  • Facer respetar os dereitos linguísticos do falante garantindo a posibilidade de que calquer persona poida desenrolar a súa vida totalmente en galego se o desexa. 
  • Uso exclusivo da toponimia galega.
  • Dar a coñecer e poñer en valor o idioma en todos os ámbitos mediante cursos e actividades para que sexa considerado como unha ferramenta socialmente útil e viva. 

PUNTOS PROGRAMÁTICOS SOBRE CULTURA

     A Comisión de Cultura, integrada pola representación da concellalía e da cidadanía interesada, dinamizará as actividades culturais e deportivas do concello. Mediante:
  • Promoción prioritaria das manifestacións culturais e artísticas que teñan como soporte o galego. 
  • Creación dunha Rede de Comunicación Cultural entre todos os concellos. 
  • Conservación do patrimonio histórico-artístico. Censo, posta en valor, estudo e divulgación. 
  • Oposición ao IVE cultural, ó canon das bibliotecas e á cota da SGAE. 
  • Recuperación ou mantemento das festas tradicionais . 
  • Contratación prioritaria de eventos festivos que opten polas manifestacións propias no que respecta ao uso do idioma, música, baile, etc. 
  • Dotación de recursos humanos e materiais suficientes ao Conservatorio Municipal de Música, mentras non sexa transferido á administración educativa. Establecer concertos de colaboración cos concellos da comarca que envíen alumnado a este Conservatorio. 

COMUNICACIÓN E MEDIOS

  • A cidadanía ten dereito a saber todo o que se fai cos seus cartos. 
  • Información directa a través da web do concello ou outros medios como boletíns, radio ou televisión locais. 
  • Retransmisión directa dos plenos a través da rede. 
  • Traballar a prol da participación/responsabilización da veciñanza na cousa pública. 

MOCIDADE 

     A mocidade é o colectivo que máis tempo pasa na rúa, relacionándose, experimentando e descubrindo. É na rúa onde se expresan as inquedanzas e se buscan as solucións. A lexislación actual, na meirande parte dos concellos galegos, limita e sanciona moitas das actividades que se levan a cabo nas rúas, regulando o espazo público dun xeito que impide, mediante trámites burocráticos e económicos a realización de actividadese actos a toda organización que desexe utilizar ditos espazos.

     En consecuencia impídeselle á mocidade decidir sobre as opcións de lecer nas que quere participar. Á vez, configúrase un modelo de lecer que promove o consumismo, o sexismo e o individualismo, rematando moitas veces na drogodependencia, fomentando a alienación para facer máis soportable a precariedade existente entre a propia mocidade.

     Constituiráse a Comisión da Mocidade do Orcellón (COMOR) para dar saída ás inquedanzas do sector.

Demandas inmediatas:
1.- Espazos e modelos de socialización.
  • Facilitar o uso do espazo público. 
  • Defensa dos espazos liberados e autoxestionados. 
  • Retirada das leis de “civismo” que afecten ao desenvolvemento da mocidade. 
  • Cesión de parte dos equipamentos públicos á mocidade asociada e/ou organizada. 
  • Promoción de actividades que non se baseen no consumismo senón na interrelación entre a xente moza. 
  • Dotar ao Carballiño dunha Casa do Pobo ou Centro de Lecer utilizando algún dos edificios públicos infrautilizados ou en desuso.
 2.- Traballo e precarización laboral
     A principal causa da precariedade xuvenil pasa pola precariedade laboral. Con traballo non declarado, non remunerado na casa, os minijobs, os traballos de baixa cualificación, as malas condicións de traballo, a escasez de ingresos e a baixa, ou nula, protección social da mocidade.
  • Crear unha Bolsa de Traballo Xuvenil que permita dar saída laboral a través de empresas privadas ou empresas públicas. 
  • Creación de postos de traballo con recursos propios das diferentes administracións. 
  • Apoio e asesoramento a mocidade en precario.
3.- Vivenda e emancipación
       A mocidade necesita autonomía respecto ao entorno familiar para desenrolar os seus proxectos de vida e onde ter intimidade. Esta necesidade de emancipación domiciliaria é un aspecto fundamental para a resolución dos conflitos de autonomía e dependencia tanto materiais como simbólicos.
  • Creación dunha Bolsa Municipal de Vivendas. 
  • Facilitar un servizo de información, asesoría técnica e xurídica para casos de mobbing ou acoso. 
  • Apoiar aos mozos e mozas que traballan pola reivindicación dunha vivenda digna para a mocidade.
4.- Dereitos sexuais e roles de xénero.
     Vivimos nunha sociedade heteropatriarcal baseada na explotación das mulleres a través da división sexual do traballo e que perpetúa a opresión destas polas institucións sociais e políticas nas que sustenta: familia, matrimonio, igrexa, escola e estado. En base a esta situación, a mocidade vese abocada a reproducir os roles impostos desde as diferentes estructuras xa mencionadas.
  • Creación dun Departamento de Saúde Sexual e Reproductiva para a mocidade. 
  • Realización de palestras específicas nas que se informe sobre métodos anticonceptivos non agresivos. 
  • Fomentar que se aborde nas escolas públicas os temas de desnvolvemento e saúde sexual dun xeito integral, sen criminalizar as opcións e identidades diversas. 
  • Debates sobre violencia de xénero e sexual dunha forma comunitaria e empoderadora e non só asistencialista.

luns, 20 de abril de 2015

CÓDIGO ÉTICO CANDIDATURA VECIÑAL O CARBALLIÑO


CÓDIGO ÉTICO:


   É tarefa común defender e deseñar un modelo de cidade consensuado e construído colectivamente, que integre os principios de igualdade, inclusión da diversidade, solidaridade, respeto ao medio ambiente e sostibilidade. Por todo elo, dende a Candidatura Veciñal O Carballiño, asumimos un compromiso ético coa cidadanía, baseado na defensa, aplicación e cumprimento da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en todos os ámbitos da nosa sociedade. Non é posible continuar falando de democracia sen garantir a vontade popular, a participación da cidadanía na toma de decisións, o dereito de toda persoa ao exercicio de tarefas de xestión pública ou representación política e os mecanismos de control e límites para os cargos eleitos.

Por iso queremos:

1.- Promover, favorecer e facilitar a participación vinculante de tod@s @s veciñ@s do Carballiño na
toma de decisións en canto á xestión e ás políticas municipais.

2.- Garantir dita participación reflectíndoa  nos orzamentos e na xestión municipal, utilizando as asociacións de veciñ@s.

3.- Garantir a eleción de cargos mendiante o sistema de primarias abertas cumprindo os criterios de igualdade de xénero.

4.- Garantir o compromiso d@s cargos eleit@s co programa deseñado pola  cidadanía. Calquera posible pacto postelectoral con outra/s forzas políticas será apoiado pola cidadanía do Carballiño mediante referendúm.

5.- Evitaráse a profesionalización da política para favorecer o dinamismo, a participación, o respeto e o valor da mesma. Para elo:
  • Os cargo eleitos non terán privilexios económicos ou de calquer outra índole por razón do mesmo. Os representantes da soberanía popular deben ter unha retribución proporcional á súa responsabilidade e traballo. Non superando nunca a suma de tres veces o salario mínimo.
  • Os ingresos e patrimonio de todo cargo eleito deben facerse públicos periódicamente.
  • Impediráse a acumulación de cargos  e funcións públicas para garantir o correcto desenrolo de dita laboura. Só un cargo por persoa.
  • Rendiránse contas anualmente asegurando a transparencia da función pública. A recuperación da democracia participativa debe estar aberta ao diálogo, a explicación e a discusión co conxunto da cidadanía.
  • Crearánse procedementos de revogación  de concelleir@s e alcaldes/sas como medidas de prevención e control cidadán ante as actuacións dos seus representantes.
  • Todo cargo público absteráse da toma de decisións que estén vinculadas a súa actividade profesional.
  • Calquera cargo elect@ da Candidatura Veciñal non poderá acceder a ningún tipo de alto cargo en empresas vinculadas coas funcións públicas desenroladas durante os 10 anos posteriores  ao fin do desenrolo de dita representación pública.
6.- Calquera cargo público deberá  realizar un uso eficiente e austero dos recursos públicos postos á
súa disposición, garantindo que só se empregarán para o exercicio da actividade pública e en beneficio da cidadanía. Cando teñan a potestade de nomear cargos públicos, asesores ou asistentes, aplicarán nos correspondentes procesos de selección os principios de transparencia, publicidade e mérito, no marco legal que lles sexa de aplicación.

7.- Favorecerán a unión veciñal. Toda persoa que decida participar debe comprometerse con noso Código Ético e responsabilizarse do desenrolo dunha actividade transparente.

8.- Comprometeránse na defensa da lingua galega e a súa normalización na vida do concello e na protección e enriquecimento do patrimonio material e inmaterial, o medio ambiente e a diversidade cultural e artística.

9.- Adoptaráse unha concepción austeira e solidaria das campañas electorais reducindo os gastos, recurrindo a aportacións solidarias de micromecenazgo, e en calquera caso operando con cooperativas de crédito e bancas éticas e sostibles.


  Porque existe outro xeito de cambiar as cousas, de facer política, @s membros da Candidatura Veciñal O Carballiño comprometémonos e responsabilizámonos con estes principios ante @s veciñ@s do Carballiño.

As primarias da Candidatura Veciñal elixen a Bernardo García como candidato á alcadía


A candidatura Veciñal O Carballiño abre a votación da lista ós empadroados




LA VOZ DE GALICIA

AS NOSAS PAPELETAS (PRIMARIAS 14/03/15)