XUSTIZA SOCIAL. VIDA DIGNA
Precisamos que a institución municipal retorne á cidadanía. A Casa do Concello é a Casa do Pobo, sendo a obriga e a tendencia contribuír a crear unha sociedade inclusiva, xusta, democrática e respectuosa cos Dereitos Humanos.
Tres principios básicos:
- Asumir os servizos básicos esenciais para a comunidade.
- Municipalizar servizos básicos neste intre privatizados.
- Socializar os recursos dispoñibles de forma transparente e responsable.
Estes tres principios concretaránse a través das seguintes medidas:
- Aumento das partidas orzamentarias e recursos humanos destinados a gasto social.
- Participación da veciñanza na xestión de todos os servizos municipais.
- Transporte público, auga, luz e gas gratuítos para as persoas con recursos limitados.
- Municipalización de todos os centros de servizos en mans privadas e os servizos de comedor, limpeza, etc.
- Comedores escolares: garantir unha alimentación de calidade priorizando produtos locais.
- Avellentamento digno: reforzamento dos servizos de proximidade (axuda no fogar, xantar na casa, teleasistencia). Garantir o mínimo para que as persoas coas pensións máis baixas poidan vivir dignamente.
- Vivenda social en aluguer.
- Políticas de igualdade: campañas de sensibilización, abrir casas de acollida.
- Inmigrantes: Servizo de asesoramento xurídico, campañas antirracismo, integración no tecido asociativo. Fomento do voluntariado lingüístico para facilitarlle a aprendizaxe da nosa lingua e integración.
O DEREITO Á SAÚDE
A sanidade é un dereito fundamental para a cidadanía e aínda que o concello ten competencias limitadas nesta materia, ten a obriga de asegurar a suficiencia de recursos humanos, de infraestructuras e servizos. Dende o Concello promoveráse a recuperación do Consello de Saúde para as seguintes finalidades:
- Consolidar a participación e control democrático nos órganos de xestión de todas as institucións sanitarias.
- Demandar que as instalacións sanitarias sexan suficientes, estén en bo estado e conten coa ratio necesaria de persoal, incluído o persoal de atención pediátrica e de saúde mental.
- Coordinación de servizos sociais e antención primaria de saúde.
- Apoio e colaboración coas asociacións de enfermos, discapacitados e familiares (A. de Enfermos de Alzheimer, ASPADISI...)
- Promover programas de prevención de saúde (hábitos saudables, mellorar da saúde buco-dental, redución do uso de produtos tóxicos...)
IGUALDADE DE XÉNERO
O Concello fixará a atención prioritariamente nestes puntos:
- Perspectiva de xénero en tódalas accións institucionais.
- Emprego dunha linguaxe integradora.
- Fornecer relacion de igualdade no desenvolvemento das atribucións da corporación.
- Substituír nos Servizos Sociais municipais o modelo de beneficencia por outro baseado na renda básica.
- Elaborar un plan contra a violencia machista.
CONSTRUAMOS UN CONCELLO SUSTENTABLE ONDE O COIDADO E O MANTEMENTO DA VIDA SEXA O IMPORTANTE
ENERXÍA
Crearáse a Comisión de Medio Ambiente para acadar os seguintes obxectivos:
- Soberanía enerxética. Un concello enerxéticamente autosuficiente.
- Promoción da enerxía minieólica, fotovoltaica e de biomasa para o autoconsumo.
- Alumeado público racional (farolas solares máis baixas, alumeado de festas...)
- Sistemas de calefacción eficientes e baseados na enerxía renovable.
- Obradoiros de formación sobre sistemas autosuficientes (quentador con botellas, fornos solares, cociñas e estufas de biomasa de pouca xeración de CO2).
- Fomentar cooperativas de enerxía.
- Promover un sistema de tratamento do lixo alternativo a SOGAMA baseado nas tres erres (Reducción, Reutilización e Reciclaxe) mediante un sistema máis efectivo de recollida como o porta a porta.
- Revisión/sutitución de contratos coas grandes empresas enerxéticas, por contratos con distribuidoras alternativas (SomEnerxía, NosaEnerxía...)
PROXECTOS INDUSTRIAIS CREADORES DE EMPREGO
INDUSTRIA
Crearáse
a Comisión
de Planificación Económica cos
seguintes obxectivos:
- Elaboración dun Plan Industrial Municipal adaptado ás potencialidades do Carballiño.
- Apoio ás industrias de produción sostible e productos duradeiros.
- Control e, no seu caso, acións legais contra as industrias contaminantes e perigosas.
- Apoio á industria de transformación de materias primas vinculadas ó territorio.
- Recuperación dos “polígonos industriais fantasma”.
- Fomento da reparación fronte á obsolescencia programada.
- Iniciativas para uso de materiais non contaminantes.
- Mellora estética dos polígonos, zonas verdes.
- Xestión das naves abandonadas, municipalización, usufruto…
- Potenciar a artesanía.
SOBERANÍA ALIMENTARIA E CUSTODIA DO TERRITORIO
AGRICULTURA
- O sector agrícola debe permitirnos ter soberanía ou autosuficiencia alimentaria.
- Recuperación dos campos de cultivo mediante aluguer, usufruto, compra…
- Potenciar o desenvolvemento da agricultura ecolóxica.
- Enfocar as feiras tradicionais como centros de articulación do comercio local.
- Potenciación da Praza de Abastos e dos mercados municipais.
- Articular mercados comarcais de excedentes agrícolas.
- Constituirse en concello libre de transxénicos.
- Crear hortas urbanas e incentivar o cooperativismo.
- Recuperar os terreos agrícolas comunais.
- Exposición pública do patrimonio inmobiliario de terras do concello.
- Potenciar a vida no rural (aluguer, usufruto, restauracións) e dotación e mantemento das infraestructuras básicas.
GANDEIRÍA
- Fomentar a cría ecolóxica, natural e sen sufrimento animal.
- Minimizar a estabulación.
- Sacrificio digno e transporte seguro e sen sufrimento.
- Elaborar un mapa das granxas do concello e calendario de contactos.
- Preparación dun calendario de actividades divulgativas.
- Incentivar a transformación de materias primas (lácteos, doces, embutidos…) e a súa distribución en mercados de proximidade (Praza de Abastos, mercados de rúa…).
- Posta en funcionamento do Matadoiro Municipal adaptado aos requisitos legais de funcionamento e xestionado polos traballadores e usuarios.
SILVICULTURA
- Unha verdadeira política forestal municipal: aproveitamento económico do monte (arborado, pastos…) sustentable e recoñecer os dereitos dos montes comunais.
- Diversificar o cultivo de especies escapando do monocultivo.
- Recuperación do bosque de xeito harmónico e diverso en variedades.
- Creación dunha Unidade de Xestión do Parque Municipal con persoal propio.
- Explotación integral creando “bosques comestibles”: froitais, cogumelos, froitos secos…
- Explotación da biomasa: pelets, madeira…
- Recuperación dos montes comunais.
- Actividades que incentiven o mantemento do bosque autóctono (sendeirismo, arte, etc.)
- Creación de Unidades Municipais para a Xestión do Monte e Parques.
ORDEAMENTO DO TERRITORIO
URBANISMO
A
Comisión
de Urbanismo,
con participación veciñal, terá as seguintes finalidades:
- Construir o modelo urbanístico coa participación dos cidadáns.
- Remodelación do PXOM mediante un proceso informativo e de consenso amplo.
- Garantir unha vivenda digna (Art. 47 da CE). Dinamizar o aluguer, compra e mellora da vivenda unifamiliar. Priorizar a recuperación dos núcleos históricos e núcleos rurais. É obrigado a creación de solo urbano para vivenda protexida.
- Plan de transporte municipal con conexións entre as parroquias, os concellos da comarca e Ourense.
- Apoiar a rehabilitación fronte á nova construción. Proxectos básicos gratuítos.
- Apoiar a bioconstrución ou construción sostible.
- Calendario de obras previstas de dominio público con orzamentos, etc.
- Xestión de vivendas e baixos abandonados ou deshabitados: aluguer, usufruto…
- Elaborar plans de mellora estética.
- Mellorar a mobilidade eliminando barreiras (beirarúas elevadas, farolas…)
- Racionalización do tráfico: peatonalización, zonas 20, pasos de peóns amplos...
- Creación de espazos para a publicidade comercial e informativa da actividade social.
- Tratamento do lixo baseado na redución, reutilización, reciclaxe e compostaxe a través do sistema porta a porta. Cooperación comarcal para a xestión descentralizada.
- Fomentar o comercio local a través de actuacións no entramado urbano.
- Rede wifi municipal que garanta o acceso á internet.
- Recuperación de entornos urbanos degradados.
SERVIZOS PÚBLICOS
Queremos
no noso concello:
- Servizos sociais baseados na idea da renda básica, non na de beneficencia.
- Creación de redes de apoio e infraestruturas públicas (comedores, escolas infantís, acompañamento, atención á dependencia…) que socialicen os coidados, favorezan a conciliación familiar e laboral e compensen as desigualdades.
- Plan municipal para a participación da minorías étnicas.
- Plan municipal de loita contra a violencia machista.
- Rede municipal de pisos de emerxencia.
- Plan municipal de atención a transeúntes "sen teito".
- Actividades para xubilados que queiran seguir en activo.
- Espazos para actividades con xente maior con enfermidades crónicas ou que precisan terapias alternativas (Centros de Día)
- Mellora de infraestructuras, estética e ambiental dos centros de saúde, deportivos e educativos.
UN NOVO TRATO DOS ANIMAIS
Queremos
no noso concello:
- Declaración institucional que considere aos animais como suxeitos de dereitos.
- Prohibición de espectáculos nos que se empreguen animais (circos, touradas )
- Persecución dos abandonos e prácticas crueis.
- Crear zonas de convivencia canina e humana.
- Apoiar dende o concello a Fundación Refuxio da Medela transferindo a súa xestión a unha protectora animal e establecendo contratos de colaboración cos concellos da comarca.
- Involucrar á Policía Local e SEPRONA en campañas de control de microchips dos animais de compaña en cumprimento das leises e ordenanzas pertinentes. Censo de todos os animais.
- Promover campañas informativas a nivel centros educativos e sociedade en xeral sobre coidados e dereitos dos animais.
ECONOMÍA SOCIAL, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Unha
nova mentalidade para saír da crisis:
- Pola vía de externalizar (privatizar) servizos non acadaremos o obxectivo de artellar unha riqueza local que nos permita solucionar o gravísimo problema do paro e da dignidade laboral.
- Dende o concello promoveremos un modelo social fronte ao tecido económico tradicional a través da pedagoxía e do fomento do común.
- O investimento municipal priorizará a loita contra a exclusión económica e social.
- O concello comprometeráse na defensa do pequeno comercio e da pequena empresa e fomentará o cooperativismo e asociacionismo como mellor fórmula para competir coas grandes áreas.
- Impulsar medidas favorecedoras de iniciativas de emprego facilitando recursos ou rebaixas impositivas iniciais.
- Comercio local e de proximidade. Inversións na Praza de Abastos e no comercio retallista para comercializar productos da comarca e de Galicia. Priorizar a venda directa de agricultores/as locais.
- Banco de terra municipal e fomento das cooperativas locais.
- Posta en valor do “feito a man” e recuperación do traballo tradicional.
- Aposta polo turismo sustentábel e respectuoso co medioambiente, co territorio e a poboación.
- Novo procedemento de contratación administrativa, onde se introduzan cláusulas ás empresas de estabilidade e calidade laboral. Non á reforma local do PP.
- Auditoria da débeda. Non recoñecemento da ilexítima.
- Banca cooperativa local.
- Participación veciñal na planificación económica.
- Fiscalidade revertida no local. Revisión de porcentaxes.
- Creación dunha rede de segunda man de bens. Creación de rede solidaria para o intercambio de bens e servizos.
PUNTOS PROGRAMÁTICOS SOBRE A LINGUA
- Elaborar e poñer en funcionamento un PLAN DE NORMALIZACIÓN adecuado ás necesidades do concello potenciando o servizo de normalización existente.
- Facer respetar os dereitos linguísticos do falante garantindo a posibilidade de que calquer persona poida desenrolar a súa vida totalmente en galego se o desexa.
- Uso exclusivo da toponimia galega.
- Dar a coñecer e poñer en valor o idioma en todos os ámbitos mediante cursos e actividades para que sexa considerado como unha ferramenta socialmente útil e viva.
PUNTOS PROGRAMÁTICOS SOBRE CULTURA
- Promoción prioritaria das manifestacións culturais e artísticas que teñan como soporte o galego.
- Creación dunha Rede de Comunicación Cultural entre todos os concellos.
- Conservación do patrimonio histórico-artístico. Censo, posta en valor, estudo e divulgación.
- Oposición ao IVE cultural, ó canon das bibliotecas e á cota da SGAE.
- Recuperación ou mantemento das festas tradicionais .
- Contratación prioritaria de eventos festivos que opten polas manifestacións propias no que respecta ao uso do idioma, música, baile, etc.
- Dotación de recursos humanos e materiais suficientes ao Conservatorio Municipal de Música, mentras non sexa transferido á administración educativa. Establecer concertos de colaboración cos concellos da comarca que envíen alumnado a este Conservatorio.
COMUNICACIÓN E MEDIOS
- A cidadanía ten dereito a saber todo o que se fai cos seus cartos.
- Información directa a través da web do concello ou outros medios como boletíns, radio ou televisión locais.
- Retransmisión directa dos plenos a través da rede.
- Traballar a prol da participación/responsabilización da veciñanza na cousa pública.
MOCIDADE
A mocidade é o colectivo que máis tempo pasa na rúa, relacionándose, experimentando e descubrindo. É na rúa onde se expresan as inquedanzas e se buscan as solucións. A lexislación actual, na meirande parte dos concellos galegos, limita e sanciona moitas das actividades que se levan a cabo nas rúas, regulando o espazo público dun xeito que impide, mediante trámites burocráticos e económicos a realización de actividadese actos a toda organización que desexe utilizar ditos espazos.
En consecuencia impídeselle á mocidade decidir sobre as opcións de lecer nas que quere participar. Á vez, configúrase un modelo de lecer que promove o consumismo, o sexismo e o individualismo, rematando moitas veces na drogodependencia, fomentando a alienación para facer máis soportable a precariedade existente entre a propia mocidade.
Constituiráse a Comisión da Mocidade do Orcellón (COMOR) para dar saída ás inquedanzas do sector.
En consecuencia impídeselle á mocidade decidir sobre as opcións de lecer nas que quere participar. Á vez, configúrase un modelo de lecer que promove o consumismo, o sexismo e o individualismo, rematando moitas veces na drogodependencia, fomentando a alienación para facer máis soportable a precariedade existente entre a propia mocidade.
Constituiráse a Comisión da Mocidade do Orcellón (COMOR) para dar saída ás inquedanzas do sector.
Demandas inmediatas:
1.-
Espazos e modelos de socialización.
- Facilitar o uso do espazo público.
- Defensa dos espazos liberados e autoxestionados.
- Retirada das leis de “civismo” que afecten ao desenvolvemento da mocidade.
- Cesión de parte dos equipamentos públicos á mocidade asociada e/ou organizada.
- Promoción de actividades que non se baseen no consumismo senón na interrelación entre a xente moza.
- Dotar ao Carballiño dunha Casa do Pobo ou Centro de Lecer utilizando algún dos edificios públicos infrautilizados ou en desuso.
2.- Traballo e precarización laboral
A principal causa da precariedade xuvenil pasa pola precariedade laboral. Con traballo non declarado, non remunerado na casa, os minijobs, os traballos de baixa cualificación, as malas condicións de traballo, a escasez de ingresos e a baixa, ou nula, protección social da mocidade.
- Crear unha Bolsa de Traballo Xuvenil que permita dar saída laboral a través de empresas privadas ou empresas públicas.
- Creación de postos de traballo con recursos propios das diferentes administracións.
- Apoio e asesoramento a mocidade en precario.
3.-
Vivenda e emancipación
A mocidade necesita autonomía respecto ao entorno familiar para desenrolar os seus proxectos de vida e onde ter intimidade. Esta necesidade de emancipación domiciliaria é un aspecto fundamental para a resolución dos conflitos de autonomía e dependencia tanto materiais como simbólicos.
- Creación dunha Bolsa Municipal de Vivendas.
- Facilitar un servizo de información, asesoría técnica e xurídica para casos de mobbing ou acoso.
- Apoiar aos mozos e mozas que traballan pola reivindicación dunha vivenda digna para a mocidade.
4.-
Dereitos sexuais e roles de xénero.
Vivimos nunha sociedade heteropatriarcal baseada na explotación das mulleres a través da división sexual do traballo e que perpetúa a opresión destas polas institucións sociais e políticas nas que sustenta: familia, matrimonio, igrexa, escola e estado. En base a esta situación, a mocidade vese abocada a reproducir os roles impostos desde as diferentes estructuras xa mencionadas.
- Creación dun Departamento de Saúde Sexual e Reproductiva para a mocidade.
- Realización de palestras específicas nas que se informe sobre métodos anticonceptivos non agresivos.
- Fomentar que se aborde nas escolas públicas os temas de desnvolvemento e saúde sexual dun xeito integral, sen criminalizar as opcións e identidades diversas.
- Debates sobre violencia de xénero e sexual dunha forma comunitaria e empoderadora e non só asistencialista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario