mércores, 22 de abril de 2015

«MODELO DOS ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL- FORMA DE GOBERNO»


MODELO DE CONSELLO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁN:


  • Consello de Participación: Organismo institucional superior de participación veciñal.
  • Composición: todos/as os/as representantes das asociacións rexistradas no concello.
  • Presidencia: o Alcalde/sa do Carballiño.
  • Vicepresidencia: unha persoa nomeada pola asamblea sen cargo político público.
  • Funcións: Consensuar ou aprobar todos os asuntos relevantes que se levarán a pleno. Moi especialmente, será o organismo onde se consensúen e aproben os orzamentos e a súa distribución.
  • Reunións: Reuniráse en convocatoria ordinaria semestralmente e en extraordinaria coa petición do 20% das asociacións integrantes.



ORGANIGRAMA DO CONSELLO DE  PARTICIPACIÓN CIDADÁN:
  1. Consello de Sáude, Servizos Sociais e Igualdade.
  2. Comisión de Medio Ambiente.
  3. Comisión de Urbanismo.
  4. Comisión de Planificación Económica e de Emprego.
  5. Comisión de Cultura.
  6. Padroado Municipal de Deportes.
  7. Consello da Mocidade de Orcellón (COMOR)
  8. Xunta de Seguridade Cidadán.



ÓRGANOS SECTORIAIS DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN:

1.- CONSELLO DE SAÚDE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE.

  • Composición: Representación do personal sanitario e de servizos sociais con actividade no Carballiño e dos usuarios e usuarias/os que o desexen a título individual. A participación pode efectuarse tamén a través de asociacións.
  • Presidencia: o/a concellal/a responsable municipal destas áreas.
  • Vicepresidencia: unha persoa nomeada pola asamblea e que non teña cargo político público.
  • Funcións: Todas as relativas a levar á práctica os puntos programáticos de Alternativa Veciñal e moi especialmente as relacionadas co mantemento e melloras das infraestructuras e personal. Dar solución ás demandas que se presenten polos usuarios/as de ambos servizos a través do Rexistro de Reclamacións do consello extraordinario coa petición do 20% das persoas que participaron na anterior reunión.

2.- COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE.

  • Composición: Todas as agrupacións de carácter ecoloxista con actividade no concello, protectoras de animais e todas as persoas sensibles coa sostibilidade do medio ambiente e consumo responsable.
  • Presidencia: Concellal/a de Medio Ambiente. 
  • Vicepresidencia: a persoa elexida pola Comisión, que non desempeñe un cargo político público.
  • Funcións: Todas as relativas a posta en práctica dun programa municipal medioambiental que promovan iniciativas sobre aforro enerxético, prácticas agrícolas saudables, gandeiría que fomente a cría ecolóxica, natural e sen sufrimento animal, por unha silvicultura racional e sostíbel, aposte por métodos de tratamento do lixo baseado nas tres erres, abolición de herbicidas e pesticidas nos tratamentos forestais ou agrícolas, crear espazos de custodia de animais abandoados...
  • Reunións: trimestrais en convocatoria ordinaria e cando o pida o 20% dos asistentes a anterior reunión en convocatoria extraordinaria.


3.- COMISIÓN DE URBANISMO:
  • Composición: Concellal/a de Obras, empresariado da construcción e asociación veciñais ou particulares interesados.
  • Presidencia: Concellal/a de Obras.
  • Vicepresidencia: persoa nomeada pola comisión que non sexa cargo público.
  • Obxectivos: os sinalados no programa no apartado de urbanismo e, moi especialmente, velar polo desenrolo dun urbanismo sostíbel, promover unha remodelación do PXOM conforme á legalidade e consensuada cos afectados, mellorar as redes de transporte municipal e interurbano, recuperar os espazos degradados e incentivar melloras estéticas.


4.- COMISIÓN DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E DE EMPREGO
   O desemprego é o principal problema que ten hoxe o Concello do Carballiño. Este factor repercute negativamente en todos os ámbitos da vida municipal, tanto a nivel social como económico. Por eso esta comisión debe abrirse á participación non só das personas paradas ou precarizadas, senón tamen do sectoral empresarial e sindical, comerciantes e hosteleiros.
  • Presidencia: concellal/a que nomea a corporación.
  • Vicepresidencia: persoa elexida pola comisión que non teña cargo político público.
  • Funcións:
  1. Elaborar un Plan Industrial Municipal.
  2. Crear a Asamblea Municipal de Parados e Precarizados.
  3. Posta en funcionamento do Padroado de Turismo.
  4. Crear a Comisión de Festas Patronais e Gastronómicas.
  • Obxectivos: O obxectivo último é reducir os índices de paro e precariedade. Mentres, garantir unha renda básica as persoas nesta situación.
  • Reunións: trimestrais en convocatoria ordinaria e a petición do 20% dos asistentes á anterior reunión en convocatoria extraordinaria.


5.- COMISIÓN DE CULTURA
  • Presidencia: Concellal/a de Cultura.
  • Vicepresidencia: persoa elexida pola comisión que non sexa cargo político público.
  • Funcións: programar e garantir o funcionamento de todas as actividades culturais que se organicen no concello.
  • Reunións: Trimestral en convocatoria ordinaria e co 20% de petición dos asistentes a anterior reunión, en convocatoria extraordinaria.


6.- PADROADO MUNICIPAL DE DEPORTES
  • Composición: Usuarios/as de Escolas Deportivas ou de actividades de manteñemento organizadas polo concello ou que usen as súas instalación.
  • Presidencia: Concellal/a de Deporte.
  • Vicepresidencia: persoa elexida polo Padroado que non sexa cargo político público.
  • Funcións: garantir os medios materiais e humanos precisos para o correcto desenvolvemento das actividades programadas por esa área.


 7.- CONSELLO DA MOCIDADE DO ORCELLÓN (COMOR)
   A mocidade, polas súas características e idiosincrasia propia, debe contar con un organismo de participación veciñal propio que permita a interrelación entre iguais e abra espazos onde desenrolar as súas actividades.
  • Composición: Grupos ou asociación xuveniles organizadas de xeito estable, mozos e mozas, en xeral, que desexen facer propostas de actividades dentro do Consello da Mocidade.
  • Presidencia: Concellal/a nomeado pola corporación.
  • Vicepresidencia: persoa que nomee o Consello, que non sexa cargo político público.
  • Funcións: 
  1. Facer propostas de actividades destinadas a este colectivo.
  2. Acadar a posta en funcionamento dun espazo autoxestionado chamado “Casa do Pobo“, ou como se decida, que sirva de referente como punto de encontro e de elaboración de iniciativas.
  3. Crear a Bolsa de Traballo Xuvenil, que procure saídas laboráis e, mentras estas non cheguen, organicen actos reivindicativos e esixa unha renda básica universal.
  4. Crear unha Mesa pola Vivenda Municipal que busque solución para que os xóvenes que queren emanciparse poidan dispor dunha vivenda.
  5. Organizar palestras informativas sobre saúde sexual e reprodutiva.


8.- XUNTA DE SEGURIDADE CIDADÁN:
  • Composición: Representantes de todos os órganos de participación cidadán, policía local, garda civil, protección civil e bombeiros.
  • Presidencia: Alcalde/sa ou unha persoa na que delegue.
  • Vicepresidencia: persoa elexida polo Consello de Participación Cidadán que non sexa cargo político público ou traballe profesionalmente para a administración nalgún dos corpos relacionados coa seguridade.
  • Funcións: Elaborar un Plan de Seguridade nas diversas facetas da mesma (roubos, violencia, accidentes, incendios, cumprimento das ordenanzas municipais, control de identificación de animais, atención ao cidadán, etc.)
  • Reunións: Semestral en convocatoria ordinaria ou en convocatoria extraordinaria ca petición do 20% dos asistentes á anterior reunión.




Ningún comentario:

Publicar un comentario