Feitos:
Primeiro.- No Auto Xudicial 00079/2015 de 05/02/2015 disponse ó "SOBRESEMENTO PROVISIONAL, POR NON APARECER DEBIDAMENTE XUSTIFICADA A PERPETACIÓN DUN DELITO".
Segundo.- Este "SOBRESEMENTO PROVISIONAL..." ven derivado das dilixencias previas 0000760/2014 sobre a atribución dunha débeda co concello de 32.202,90€ a un traballador do mesmo no desempeño das súas funcións.
Terceiro.- O Pleno desta corporación de 28/12/2012 aprba a prescripción de 60.000€ da cota do 40% do IAE de varios anos correspondente á Deputación Provincial e dalos de baixa nas contas municipais, función esta que non corresponde ao Concello e que pode supoñer unha defradación de caudais públicos ou apropiación indebida.
Cuarto.- No ano 2015, co permiso do Sr. Alcalde, procédese a investigar no arquivo municipal este asunto dando como resultado a aparición de novos documentos que poden aportar datos para reabrir o Auto de 05/02/2015 antes conducir á reparación do dano causado na honra e dignidade do traballador acusado e averiguar se houbo prexuízos económicos para o concello e, en caso afirmativo, demandar responsabilidades.
Como representes desta corporación, encargados de velar polos intereses económicos do concello e de atender á demanda dun cidadán que considera que houbo unha intrommisión na súa honra e dignidade, temos o deber e a obriga de tomar todas as medidas para reparar os posibles danos causados. Do mesmo xeito consideramos necesario sabe se estivo ben tomado o acordo do Pleno 27/12/12 por se houbo fraude de caudais públicos.
É por elo que A.V. somete á aprobación do Pleno da Corporación o seguinte acordo:
Primeiro.- Que a alcaldía abra un expediente informativo ao Departamento de Tesourería sobrea a atribución da débeda de 33.202,90€ das altas do IAE de 1994 a un traballador do concello e sobre a prescipción de 60.000€ da cuota do 40% do IAE de varios anos correspondente a Deputación Provincial aprobada no pleno do 27/12/2012.
Segundo.- Dar cumplimento do acordo plenario tomado o 27/12/2012 no punto 7 da orde do día que di: "Depurar as responsabilidades (refírese á prescripción de máis de tres millóns de euros) e, de ser o caso, esixir a indemnización polos danos e prexuízos causados".
O Carballiño a 18 de Abril de 2016.
domingo, 12 de xuño de 2016
venres, 10 de xuño de 2016
MOCIÓN DE ALTERNATIVA VECIÑAL DO CARBALLIÑO EN REXEITAMENTO DO ACORDO ENTRE A UNIÓN EUROPEA E TURQUÍA PARA A EXPULSIÓN DE SOLICITANTES DE ASILO
O pasado 7 de marzo, a Unión Europea e Turquía chegaron a un principio de acordo que, de feito, supón o peche das fronteiras europeas aos solicitantes de asilo político que escapan dos conflitos de Asia e África. Por medio deste acordo, que debe ser referendado no cumio a celebrar os días 17 e 18 deste mes, procédese á expulsión e regreso a Turquía dos solicitantes de asilo que cheguen a través do Exeo.
A cambio, a UE facilita o tránsito dentro do espazo Schenguen aos cidadáns turcos, que xa non precisarán visado para desprazarse no interior da UE; axiliza as conversas de acceso dese país na Unión; e entregará 6.000 millóns de euros ao Goberno de Ankara para a atención ás persoas refuxiadas. É dicir, a través deste acordo facilítase o tránsito intereuropeo aos case 75 millóns de turcos- o cal parece positivo-, pero impídeselle aos dous millóns de persoas refuxiadas sirias, afgás ou iraquís. Facilítanse 6.000 millóns de euros para a atención ás persoas refuxiadas, pero ao mesmo tempo bloquéase o seu acceso aos países de acollida.
Este acordo non só é contraio á Carta de Dereitos Fundamentais da UE, cuxo artigo 19 estipula que as expulsións colectivas est´n prohibidas no interior da UE. Incumpre a Convención de 1951 sobre o Estatuto dos Refuxiados de Nacións Unidas, que no seu artigo 3 prohibe a discriminación por país de orixe. Infrinxe a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que no seu artigo 14 establece o dereito a asilo en calquera país.
Europa comprometérase, en setembro de 2015, a admitir a 160.000 refuxiados, unha cantidade claramente insuficiente. Pero a mediados de xaneiro de 2016, tan só foran admitidas menos de 800 persoas, das 22.500 que deberían ter chegado; entre elas as 18 que chegaron ao Estado español. Mentres, países con menos recursos como Xordania ou Líbano acollen a millóns deles, algo do que o Occidente desenvolvido non é capaz.
Pechar as fronteiras non vai solucionar os problemas dos refuxiados, nin rematar coas causas da guerra. Negar un paso seguro ás persoas solicitantes de asilo significa a súa condena aos riscos da violación, o roubo, a desaparición de menores, a explotación das mafias, e á morte. E sendo o máis importante drama social, non esquezamos que significa tamén a última lousa á construcción dun proxecto europeo común, solidario, incluínte e humanitario.
Os acontecementos descritos recomendan a redacción da presente moción e a apobación dos seguintes acordos do Pleno municipal:
ACORDOS:
1.- O Pleno da Corporación expresa o rexeitamento do acordo entre a UE con Turquía, relativo á expulsión de solicitantes de asilo, por incumprir os principios xurídicos básicos do dereito internacional, e os compromisos subscritos polo Estado.
2.- O Concello do Crablliño expresa a súa solicitude, de que a UE autorice o paso seguro das súas fronteiras aos solicitantes de asilo que chegan á UE ou que xa están nela.
3.- O Concello do Carballiño insta ao Goberno do Estado en funcións a pronunciarse en contra do acordo con Turquía, no correspondente encontro da UE.
4.-O concello do Carballliño esixe á Xunta de Galicia, á FEGAMP e ás Deputacións Provinciais galegas a pronunciarse en conta dun acordo que de xeito tan manifesto e directo violenta a legalidade internacional e os Dereitos Humanos.
5.- Como expresión de rexeitamento do tratado e de solidariedade coas persoas desprazadas e solicitantes de asil, así como de dó polas que faleceron na fuxida, a bandeira europea situada na Casa do Concello ondeará a media asta durante o prazo dun mes.
6.-O Concello do Carballiño solicitará á Xunta de Galicia que poña a disposición dos organismos oficiais que se encargan da acollida de refuxiados a Residencia do Tempo Libre paa ser utilizada por estas persoas mentras dure a súas situación.
O Carballiño a 31 de marzo de 2016

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)