ANGROIS NO ESQUECEMENTO
ALTERNATIVA VECIÑAL O CARBALLIÑO en colaboración coa productora Colectivo Audivisual Lentes Diverxentes organiza para o próximo xoves día 23 de abril a proxección do documental ANGROIS NO ESQUECEMENTO ás 20.30 no Auditorio Multifuncional do Carballiño. Este documental acaba de recibir a pasada fin de semana o Premio Mestre Mateo 2015. Haberá un debate despois da proxección no que participarán os autores e persoal do Sindicato de Ferroviarios.
Neste momento de
efervescencia preelectoral onde algúns partidos pretenden
anestesiarnos para que esquezamos o que fan todo o ano, Alternativa
Veciñal O Carballiño quere abrir un debate que tanto o PP coma o
PSOE se empeñaron en pechar en falso dende o primeiro momento do
accidente.
Botáronlle a culpa exclusivamente ao maquinista, negáronse á
creación de comisión de investigación tanto no Congreso dos
Deputados coma no Parlamento Galego, presionaron ás familias das
vítimas e aos feridos para que non falasen, botáronlle ós
antidisturbios na Cidade da Cultura por negarse a recoller un premio
da Xunta… Non contentos con iso ascenderon aos responsables: José
Blanco, Ministro de Fomento pasou a eurodeputado; Rafael Catalá,
secretario de Infraestructuras cando foi o acidente, agora é
Ministro; Julio Gómez-Pomar presidente de Renfe é agora
Secretario de Infraestructuras.
Non podemos
alegar que o de Angrois non ten nada que ver coas elecións
municipais. Algúns dos partidos que se presentan no Carballiño
levan as siglas dos que se mofan da cidadanía no caso concreto do
gravísimo e evitable acidente de Angrois.
Cadaquén coa
súa responsabilidade, pero ollo, as caras amables poden estar
amparando responsabilidades graves por moito que a xustiza non as
chegue a condenar pola ocultación sistemática de probas levada a
cabo por poderes fácticos poderosos. Non se tomaron medidas e un
novo Angrois podería ocorrer. Falta poñerlle nome ás vítimas.
ALTERNATIVA
VECIÑAL DO CARBALLIÑO, 22 de abril de
2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario