![]() |
| Adega |
![]() |
| Faro de Vigo |
O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas do municipio do Carballiño, levado a cabo por diferentes administracións públicas como a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, así como tamén polas empresas de mantemento de autovías, debe rematar e ser substituído polo rozado mecánico das mesmas.
Estas prácticas, a pesar de ser legais, supoñen o verquido de toneladas de produtos tóxicos ó longo das vías públicas, poñendo en risco os ecosistemas naturais e incrementando a posibilidade de incendios. A choiva arrastra os produtos químicos empregados, contaminando os acuíferos e entrando nas cadeas tróficas. Os herbicidas sistémicos que se empregan, tales como o Roundup (popularmente coñecido como randón ou rondón) é un glifosato moi dañino que pasa á terra e ás augas, e incluso pode ser inxerido directamente polos animais.
Especies que non son o obxectivo da fumigación vénse expostas a estas substancias podendo chegar ó consumidor. O seu uso nas proximidades de terras de cultivo, fontes, casas e xardíns agrava as consecuencias negativas para a saúde das persoas susceptibles de afectación.
En base ós argumentos expostos, solicitamos ós membros desta corporación a aprobación dos seguintes acordos:
- Prohibición do uso de herbicidas para a "limpeza" das estradas do Concello do Carballiño e a súa substitución por métodos de rozado mecánico que, ademáis de ser inocuos, crean máis postos de traballo.
- Recoller esta prohibición nas Ordenanzas Municipais do Carballiño a fin de proceder ó seu cumprimento.
- Trasladar este acordo ás entidades responsables do lanzamento dos produtos tóxicos, advertíndolles de que o Concello do Carballiño esixirá o cumprimento da presente ordenanza polos medios legais pertinentes, casa de persistir na utilización de métodos contaminantes.
Ligazóns:
- Greenpeace: "Un herbicida probablemente canceríxeno nos nosos parques e alimentos"
- Adega: "Paremos as fumigacións tóxicas nas vías e estradas"
- Ecocosas: "Roundup, es más tóxico para el ADN humano que la mayoría de los venenos conocidos"
- La Vanguardia: "Francia prohibirá la venta de glifosato. el herbicida relacionado con el cáncer"
- UH Noticias: "El GOB exige que se dejen de fumigar carreteras y caminos"



Ningún comentario:
Publicar un comentario