A presenza de Alternativa Veciñal do Carballiño nos debates de campaña está a obrigar aos partidos tradicionais a centrar o debate electoral nos temas que realmente le importan aos vecinos e veciñas. Antes falaban de termalismo, de obradoiros de emprego, de preparación laboral, festas (Cachucha, Polbo, patronais, festa da cervexa, festa dos maiores…).Todo iso está moi ben mais non soluciona o día a día: o pagar os seguros de autónomos, os alugueres, luz, auga, impostos…
- O paro convertiuse no tema clave de debate. Con 1.400 parados, a moita xente con contratos temporais e con salarios ridículos non lles é posible a susbsistencia económica no Carballiño. A emigración segue a ser a saída laboral da xuventude e a demografía baixa. Todo isto non é froito da casualidade e dunha crisis de orixen descoñecido, os partidos que nos gobernaron durante este 40 anos e as súas políticas de esquecerse de quen os votou para favorecer só aos máis poderosos, tróuxonos a esta situación.
- O rural abandoado: Os núcleos do rural están a quedar totalmente despoboados sen que, dende o concello, se tomen medidas para evitalo. Cousas tan sinxelas, e ás que teñen dereito como contribuintes, como pode ser o mantemento dos accesos sen baches e sen herbas ou silvas ata o medio dos mesmos ou a falla dun transporte público intermunicipal, son o exemplo da desconsideración que se ten co rural dende o concello. Cunha brigada móvil dotada da maquinaria pertinente podíase solucionar esto a un custo razonable e asumible, se houbese vontade. Non vale decir que a partir do día 25 imos a arranxar todo o que non se fixo en catro anos.
- Gastos millonarios, sen finalidade concreta, como a adquisición a última hora da Ferraxería Soto, e o anuncio de campos de herba artificial ou pistas de tenis cubertas…é algo que non pode ser prioritario e que debe pospoñerse por razons obvias.
A todos os partidos que contribuiron a debilitar o movemento veciñal éncheselles agora a boca co da participación cidadá. O noso modelo non é o de gastar 40.000 euros nun proxecto como o da Remodelación do PXOM e, despois de ir a consultalo polas Asociacións de Veciños, que remate nun caixón ante a incredulidade xeral. Hai que consultar antes e que sexa vinculante o que decida a maioría. Non é, por exemplo, consultar a un sector dos veciños de Curros Enríquez, sen escoitar ós outros. Nos apostamos por un Consello de Participación Veciñal con carácter institucional que, baixo a presidencia do alcalde, aprobe a distribución dos orzamentos de inversión no concello según as demandas dos consellos e comisións sectoriais (Economía e Emprego, Consello de Saúde, Padroado de Deportes, Turismo...etc.) con criterios de xustiza e equidade, non guiados polos amiguismos partidarios.
➙ Alternativa Veciñal do Carballiño no Concello:
Se acadamos presenza de Alternativa Veciñal no concello a partires do día 25 nada vai a ser igual. Os plenos faránse ás noites para que a xente poida acudir a eles e as concelleiras e concelleiros poidan compaxinar o seu traballo coas labores políticas. O Consello de Participación Cidadán reuniráse semestralmente para decidir os asuntos importantes que lle competen ós contribuíntes, empezando pola distribución dos orzamentos. O resto dos órganos de participación serán obrigatorios, baixo a responsabilidade dalgún edil e con reunións periódicas fixas. O traballo prioritario será manter o que hai, sen grandes obras inasumibles e facendo cumplir as ordenanzas que xa están escritas: regulamento de tráfico, normativa sobre coidado de animais domésticos, recollida de lixo…
Sexa da cor que sexa o alcalde do Carballiño, Alternativa Veciñal será a voz insobornábel da cidadanía para rematar coas promesas electorais incumplidas e se goberne a favor de quen paga os impostos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario