A Lei De Saúde de Galicia (DOG 24 de Xullo de 2008), aproba a creación de Consellos de Saúde de Área Sanitaria consistente
en “órganos colexiados de natureza consultiva, a través dos que se articula a
participación comunitaria no terreo das áreas sanitarias”.
No punto 2 deséñase a composición destas áreas “integradas
por entidades locais, agrupacións ou federacións de asociacións de veciños,
organizacións empresariais, sindicais, representantes da área de
saúde, asociacións de pacientes, etc.
Entre as funcións dos Consellos
están as de propoñer medidas de carácter sanitario que eleven o nivel de saúde
da poboación, emitir informes sobre o Plan de Saúde da Área, coñecer a memoria
anual, coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos
concertos e dos programas de subvencións, propor medidas de melloras de
xestión, etc.
Con independencia dos cometidos dos
Consellos de Saúde de Área e á busca dunha funcionalidade adaptada ao noso entorno municipal, Alternativa Veciñal do Carballiño
levaba no seu programa a recuperación do Consello Municipal de Saúde que estivo
activo fai anos e que tan positivo foi
para garantir a calidade sanitaria dos nosos veciños e veciñas.
Qué é un Consello de Saúde?
É un órgano de participación que materializa o dereito da cidadanía á saude formulando e implementando políticas sanitarias públicas. Mediante:
- Reunións periódicas nas que se discuten as accións e servizos de saúde do municipio.
- Controla que as instalacións sanitarias sexan suficientes, estén en bo estado e conten coa ratio necesaria de personal.
- Coordina os servizos sociais e a atención primaria de saúde.
- Apoia e colabora coas asociacións de enfermos e familiares.
- Promove programas de hábitos saudables.
- Recolle e trata de resolver as reclamacións dos usuarios.
Quen integra o Consello Municipal de Saúde?
- Tódolos usuarios da sanidade pública, ben a título individual ou a través de asociacións veciñais, de pacientes, culturais, ecoloxistas e empresariais cuxo ámbito de actuación se atope no concello do Carballiño.
- Un representante por cada grupo político con presenza na corporación municipal.
- Un representante do persoal médico e outro do persoal de enfermaría do Centro de Saúde do Carballiño.
- Un representante do SERGAS, que pode ser a persoa responsable do Centro ou outra que designe a administración sanitaria.
A fin de acadar os obxectivos
sanitarios aos que se aluden no apartado expositivo desta moción, ALTERNATIVA
VECIÑAL somete á aprobación dos
representantes electos desta corporación
os seguintes acordos:
- O Concello do
Carballiño acorda a creación do Consello Municipal de Saúde coa finalidade de
velar pola calidade da prestación sanitaria pública deste municipio.
- Delega no
Sr. Alcalde para que, no prazo dun mes, convoque a tódolos posibles integrantes do futuro Consello Municipal de Saúde para que constitúan ese organismo e elaboren un regulamento de funcionamento.
Alternativa Veciñal do Carballiño,
O Carballiño, a 14 de setembro de
2015

Ningún comentario:
Publicar un comentario