mércores, 18 de novembro de 2015

REDE DE CANDIDATURAS VECIÑAIS DE OURENSE: TEXTO FUNDACIONAL





    O sábado 16 de Novembro de 2015, asinouse un acordo de colaboración entre as candidaturas municipalistas da provincia de Ourense. Alternativa Veciñal O Carballiño é unha das 16 candidaturas que forman parte desta iniciativa.

TEXTO FUNDACIONAL DA REDE DE CANDIDATURAS VECIÑAIS DE OURENSE:
     "A Rede de Candidaturas Veciñais de Ourense é unha iniciativa de colaboración e intercambio entre diferentes candidaturas municipais, con representantes electos, xurdidas no marco das eleccións celebradas o 24 de maio de 2015. Ten por obxecto xerar e compartir ferramentas e metodoloxía que faciliten e melloren a acción política levada a cabo polas candidaturas que a integren. 


     Na rede poderán participar todas aquelas candidaturas xurdidas de procesos de confluencia política local, coalicións ou agrupacións de electores, que manifesten a súa vontade de facelo, a través dos mecanismos que se establezan ao efecto.

     A rede, e as candidaturas que a integran, impulsará políticas públicas que procuren a xustiza social que garanta a vida digna das persoas, a equidade de xénero, unha economía xusta e sustentable e a defensa dun proceso de renovación democrática asentado nos principios de participación veciñal e transparencia absoluta.

     A rede funciona baixo unha lóxica de cooperación intermunicipal e socialización de experiencias que permita aos seus membros desenvolver e aplicar accións políticas no ámbito institucional cara á procura do ben común das veciñas e veciños dos seus concellos.

    Asemade a rede actuará como ferramenta analítica, de avaliación e contacto dos diferentes concellos integrados na mesma. Dando deste modo cobertura supramunicipal nunha realidade territorial provincial para conquerir unha maior eficacia na xestión e no aproveitamento dos recursos.
     Na rede poderán participar todas aquelas candidaturas xurdidas de procesos de confluencia política local, coalicións ou agrupacións de electores, que manifesten a súa vontade de facelo, a través dos mecanismos que se establezan ao efecto.
     A rede, e as candidaturas que a integran, impulsará políticas públicas que procuren a xustiza social que garanta a vida digna das persoas, a equidade de xénero, unha economía xusta e sustentable e a defensa dun proceso de renovación democrática asentado nos principios de participación veciñal e transparencia absoluta.
     A rede funciona baixo unha lóxica de cooperación intermunicipal e socialización de experiencias que permita aos seus membros desenvolver e aplicar accións políticas no ámbito institucional cara á procura do ben común das veciñas e veciños dos seus concellos.
    Asemade a rede actuará como ferramenta analítica, de avaliación e contacto dos diferentes concellos integrados na mesma. Dando deste modo cobertura supramunicipal nunha realidade territorial provincial para conquerir unha maior eficacia na xestión e no aproveitamento dos recursos."

                   Twitter RedeOu                  Facebook RedeOu


Artigos en prensa:     





Ningún comentario:

Publicar un comentario