EXPOSICIÓNS DE MOTIVOS:
Durante varios anos este concello dispuxo dun medio de comunicación público de radio que respodía ao nome de "ARENTEIRO DIXITAL". Dito medio de comunicación servía aos intereses informativos do propio concello e da cidadanía en xeral, cumplindo unha función social moi importante como é a de garantir a liberdade de expresión e ser unha canle de difusión cultural da vila e da comarca. Polo tanto, a día de hoxe, no concello do Carballiño e na súa área comarcal de influencia só contamos con unha emisora de radio e unha televisión privadas.
Para o seu funcionamento foi convocado en 1998 un concurso-oposición libre para cubrir a praza de Director como laboral fixo e tamén se contratou a de técnico de son. O Director ao cabo dun tempo pediu unha excedencia voluntaria e foi substituído por un contratado.
A emisora municipal leva varios anos sin funcionar, mais as consecuencias económicas derivadas do persoal adscrito á mesma supoñen nos orzamentos do 2016 a contía de 49.363,66 €.
En vistas a que sempre é conveniente ter medios de comunicación públicos, con control democrático, que garantan unha información veraz e equitativa, sen depender de criterios comerciais. E en vista de que o Concello do Carballiño xa dispón do material, dos recursos humanos e do orzamento, Alternativa Veciñal propón á corporación do Concello do Carballiño a aprobación dun dos seguintes acordos:
- Recuperar o funcionamento da emisora municipal "Arenteiro Dixital" co persoal e recursos materiais cos que xa conta o concello.
- De non aprobarse o primeiro punto, dar de baixa como traballadores do concello ás persoas que estaban adscritas a este servizo, coa correspondente indemnización, se procede.
O Carballiño a 19 de Febreiro de 2016

Ningún comentario:
Publicar un comentario